Novas e comunicacións

Publicación do Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2024-2026

29/12/2023

O Plan Xeral de explotación marisqueira para o trienio 2024-2026, publicado no Diario Oficial de Galicia o 29 de decembro do 2023, establece unha serie de normas para realizar a actividade extractiva deste tipo de recursos, como por exemplo, épocas e días máximos de extracción e zonas de traballo.

A través deste Plan Xeral de explotación marisqueira a Consellería do Mar aproba un total de 92 plans de explotación. Deles, 50 correspondense a plans de xestión na provincia de A Coruña, 3 a plans na provincia de Lugo e 39 a plans na provincia de Pontevedra.

Neste enlace pódense consultar as fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados.