Os tamaños mínimos de extracción e comercialización dos
organismos mariños constitúen, xunto con outras, unha das medidas
técnicas de conservación que permiten asegurar a protección dos
recursos biolóxicos mariños e a explotación equilibrada dos
recursos pesqueiros en interese tanto dos pescadores como dos
consumidores. Este tipo de medidas evita a captura e
comercialización de xuvenís e inmaturos e o seu cumprimento
asegura a reproducción dos recursos pesqueiros, contribuíndo
ademáis ao amortecemento das súas oscilacións de abundancia.
A normativa que regula os tamaños mínimos autorizados para a
extracción, captura e comercialización das especies pesqueiras ven
regulada en múltiples disposicións tanto de carácter comunitario,
como nacional e autónomico. A consellería do Medio Rural e do Mar,
coa recente publicación da Orde do 27 de xullo de 2012,
pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos
pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 226 do 27
de novembro de 2012), ven a procurar a harmonización das
diferentes disposicións normativas existentes, ademais de
modificar o tamaño mínimo de determinadas especies consonte a
información derivada dos recentes estudos realizados e á evolución
dos mercados.
Neste senso, ao abeiro do artigo 46 do Regulamento (CE)
850/1998 para a conservación dos recursos pesqueiros a través de
medidas técnicas de protección dos xuvenís de organismos mariños,
despois de analizar a información resultante do seguimento das
poboacións e da explotación da ameixa babosa, e sempre que así se
recolla nos plans de xestión aprobados pola Administración
pesqueira galega, permítese que en determinadas zonas das augas
interiores e continentais de Galicia, o tamaño mínimo desta
especie sexa inferior ao establecido na normativa comunitaria
(disposición adicional única da Orde do 27 de xullo de 2012).
Por este motivo, ao obxecto de difundir entre todos os
axentes implicados: produtores, comercializadores e consumidores,
procede presentar nesta web os tamaños mínimos autorizados para a
extracción, a captura e a comercialización de diversos produtos
pesqueiros en Galicia, así como o xeito da súa medición.
- Orde do 27 de Xullo
do 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos
produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia (Corrección de erros de 21 de
decembro do 2012).
- Anexo I: Tamaños mínimos autorizados.
- Peixes (ANEXO I-A)
Peixes: tamaños mínimos autorizados
Nome comercial |
Nome científico |
Tamaño mínimo |
Fao |
Abadexo |
Pollachius pollachius |
30 cm |
POL |
Acedía |
Dicologlossa cuneata |
15 cm |
CET |
Agulla |
Belone belone |
25 cm |
GAR |
Alcrique |
Scomberesox saurus |
18 cm |
SAU |
Anguía |
Anguilla anguilla |
20 cm 1 |
ELE |
Barbadas |
Gaidropsarus spp |
20 cm |
ROL |
Bertorellas |
Phycis spp |
25 cm |
FOX |
Boga |
Boops boops |
11 cm |
BOG |
Bolos |
Ammodytes spp |
15 cm |
SAN |
Bolo verde |
Hyperoplus lancelolatus |
15 cm |
YEZ |
Breca |
Pagellus erythrinus |
25 cm |
PAC |
Cabra de altura |
Helicolenus
dactylopterus |
20 cm |
BRF |
Castañeta |
Brama brama |
16 cm |
POA |
Cherna |
Polyprion americanus |
50 cm |
WRF |
Congro |
Conger conger |
58 cm |
COE |
Curuxo |
Scophthalmus rhombus |
30 cm |
BLL |
Choupa |
Spondyliosoma cantharus |
23 cm |
BRB |
Doncela |
Coris julis |
14 cm |
COU |
Dourada |
Sparus aurata |
19 cm |
SBG |
Escachos |
Trigla spp |
20 cm |
GUY |
Escarapotes |
Scorpaena spp |
18 cm |
SCS |
Faneca |
Trisopterus luscus |
15 cm |
BIB |
Fodón |
Trisopterus minutus |
15 cm |
POD |
Linguados |
Solea spp |
24 cm |
SOO |
Lirio |
Micromesistius
poutassou |
18 cm |
WHB |
Madrela |
Ciliata mustela |
20 cm |
LCM |
Maragota ou pinto |
Labrus bergylta |
20 cm |
USB |
Maruca |
Molva molva |
63 cm |
LIN |
Melga |
Squalus acanthias |
85 cm |
DGS |
Melgacho |
Scyliorhinus canicula |
40 cm |
SYC |
Merlán |
Merlangius merlangus |
27 cm |
WHG |
Mero |
Epinephelus marginatus |
50 cm |
GPD |
Muxos |
Chelon labrosus, Mugil
spp |
20 cm |
MLR,MGS |
Pancho bicudo |
Pagellus acarne |
25 cm |
SBA |
Peixe pau |
Molva dypterygia |
70 cm |
BLI |
Pescada |
Merluccius merluccius |
27 cm |
HKE |
Piarda común |
Atherina presbyter |
10 cm |
ATP |
Pión de altura |
Argentina sphyraena |
12 cm |
ARY |
Prago |
Pagrus pagrus |
15 cm |
RPG |
Rapantes |
Lepidorhombus spp |
20 cm |
LEZ |
Rei |
Labrus mixtus |
15 cm |
USI |
Robaliza |
Dicentrarchus labrax |
36 cm |
BSS |
Roxa |
Scyliorhynus stellaris |
55 cm |
SYT |
Rodaballo |
Psetta maxima |
30 cm |
TUR |
Saboga |
Sarpa salpa |
15 cm |
SLM |
Salmonetes |
Mullus spp |
15 cm |
MUX |
Sanmartiño |
Zeus faber |
25 cm |
JOD |
Sardiña |
Sardina pilchardus |
11 cm |
PIL |
Sargos |
Diplodus spp |
22 cm |
SRG |
Serrán cabra |
Serranus cabrilla |
15 cm |
CBR |
Serrán común, vello |
Symphodus spp |
14 cm |
WRA |
Solla |
Platichthys flesus |
25 cm |
FLE |
Solla de altura |
Pleuronectes platessa |
27 cm |
PLE |
Trancho |
Sprattus sprattus |
11 cm |
SPR |
Xardas |
Scomber spp |
20 cm |
MAZ |
1O tamaño mínimo da anguía (Anguilla anguilla)
será de 20 cm (Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se
aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e os
ecosistemas acuáticos continentais).
- Moluscos (ANEXO I-B)
- Moluscos bivalvos
Moluscos bivalvos: tamaños mínimos
autorizados
Nome comercial |
Nome científico |
Tamaño mínimo |
Fao |
Ameixa babosa |
Venerupis pullastra |
38 ou 35 mm 1 |
CTS |
Ameixa bicuda |
Venerupis aurea |
25 mm |
VNA |
Ameixa fina |
Ruditapes decussatus |
40 mm |
CTG |
Ameixa rubia |
Venerupis rhomboides |
40 mm |
VNR |
Ameixa xaponesa |
Ruditapes
philippinarum |
35 mm 2 |
CLJ |
Ameixón |
Callista chione |
60mm |
KLK |
Arola |
Lutraria lutraria |
50 mm |
UTL |
Berberecho |
Cerastoderma edule |
25 mm |
COC |
Berberecho bravo |
Acanthocardia
echinata |
60 mm |
AKJ |
Cadelucha |
Donax spp |
35 mm |
DOM |
Carneiro |
Venus verrucosa |
40 mm |
VEV |
Chirla |
Chamelea gallina |
25 mm |
SVE |
Cornicha |
Spisula solida |
25 mm |
ULO |
Longueirón |
Ensis siliqua |
100 mm |
EQI |
Longueirón vello |
Solen marginatus |
80 mm |
RAE |
Marolo |
Acanthocardia
tuberculata |
60 mm |
KTT |
Navalla |
Ensis arcuatus |
100 mm |
EQK |
Ostra |
Ostrea edulis |
60 mm |
OYF |
Ostra rizada |
Crassostrea gigas |
60 mm |
OYG |
Rabioso |
Glycymeris glycymeris |
40 mm |
GKL |
Reló |
Dosinia exoleta |
30 mm |
DSX |
Saltón |
Laevicardium crassum |
60 mm |
LVC |
Vieira |
Pecten maximus |
100 mm |
SCE |
Volandeira |
Aequipecten
opercularis |
40 mm |
QSC |
Zamburiña |
Chlamys varia |
40 mm |
VSC |
1Excepcionalmente e sempre que así se recolla
nos plans de xestión aprobados pola administración
pesqueira, poderase capturar ameixa babosa (Venerupis
pullastra) cun tamaño mínimo de 35 mm nos bancos
marisqueiros incluídos no anexo III desta orde
(disposición adicional única desta orde).
2O tamaño mínimo da ameixa xaponesa (Ruditapes
philippinarum) será de 35 mm. (Regulamento (CE) nº 43/2009
prorrogado polo Regulamento (CE) nº 1288/2009 e polo
Regulamento (UE) nº 579/2011).
- Moluscos cefalópodos
Moluscos cefalópodos: tamaños mínimos
autorizados
Nome comercial |
Nome científico |
Tamaño mínimo |
Fao |
Lura (calamar) |
Loligo vulgaris |
10 cm |
SQR |
Choco (choco) |
Sepia officinalis |
8 cm |
CTC |
Choquiño |
Sepia elegans |
4 cm |
EJE |
Polbo |
Octopus vulgaris |
1.000 gramos |
OCC |
Puntillas |
Alloteuthis spp |
6 cm |
OUW |
- Moluscos gasterópodos
Moluscos gasterópodos: tamaños mínimos
autorizados
Nome comercial |
Nome científico |
Tamaño mínimo |
Fao |
Caramuxos |
Littorina littorea,
Monodonta lineata |
1,5 cm |
PEE |
Lapas |
Patella spp |
2 cm |
LPZ |
Peneira |
Haliotis tuberculata |
5 cm |
HLT |
- Crustáceos (ANEXO I-C)
Crustáceos: tamaños mínimos autorizados
Nome comercial |
Nome científico |
Tamaño mínimo |
Fao |
Boi |
Cancer pagurus |
13 cm (largura do cefalotórax) |
CRE |
Camarón común |
Palaemon serratus |
5 cm (lonxitude total) |
CPR |
Cangrexo real |
Chaceon affinis |
10 cm (lonxitude do cefalotórax)
|
KEF |
Centola |
Maja brachydactila |
12 cm (lonxitude do cefalotórax)
|
JCX |
Cigala |
Nephrops norvegicus |
2 cm (lonxitude do cefalotórax)
7 cm (lonxitude total) 3,7 cm (colas das
cigalas) |
NEP |
Conguito |
Liocarcinus corrugatus |
3,5 cm (lonxitude do
cefalotórax) |
ICC |
Lagosta |
Palinurus elephas |
9,5 cm (lonxitude do
cefalotórax) |
SLO |
Lumbrigante |
Homarus gammarus |
8,7 cm (lonxitude do
cefalotórax) |
LBE |
Nécora |
Necora puber |
5,5 cm (lonxidude do
cefalotórax) |
LIO |
Percebe |
Pollicipes pollicipes |
1,5 cm (diámetro maior da base
do capítulo) |
PCB |
Santiaguiño |
Scyllarus arctus |
9 cm (lonxitude total) |
SCY |
- Equinodermos (ANEXO
I-D)
Equinodermos: tamaños mínimos autorizados
Nome comercial |
Nome científico |
Tamaño mínimo |
Fao |
Ourizo |
Paracentrotus lividus |
5,5 cm |
URM |
Ourizo comestible |
Echinus esculentus |
6 cm |
URS |
- Cadro recordatorio da
normativa comunitaria aplicable a determinadas especies de
peixes (ANEXO I-E)
Recordatorio da normativa comunitaria
aplicable a determinadas especies de peixes
Nome comercial |
Nome científico |
Tamaño mínimo |
Fao |
Atún vermello |
Thunnus thynnus thynnus |
115 cm ou 30 kg 1 |
BFT |
Bocarte |
Engraulis encrasicolus |
10 cm/12 cm 2 |
ANE |
Bonito do norte |
Thunnus alalunga |
1,5 kg 3 |
ALB |
Ollomol |
Pagellus bogaraveo |
35 cm 4 |
SBR |
Peixe espada |
Xiphias gladius |
125 cm ou 25 kg 5 |
SWO |
Peixes sapos |
Lophius spp |
30 cm 6 |
MNZ |
Raias |
Raja spp |
40 cm 7 |
SKA |
Xurelos |
Trachurus spp |
15 cm 8 |
JAX |
1A flota de cebo vivo ou de curricán no Atlántico
oriental poderá capturar atún vermello de peso comprendido
entre 8 e 30 kg de peso mínimo, na cota que se determine
polo Consello de Ministros da Unión Europea. (Regulamento
(UE) nº 302/2009).
2O tamaño mínimo do bocarte (Engraulis
encrasicolus) será de 10 cm na zona IX CIEM Fisterra sur e
12 cm na zona VIII CIEM Fisterra norte. (Regulamento (CE) nº
850/1998).
3O tamaño mínimo do bonito do norte (Thunnus
alalunga) será de 1,5 kg. (Regulamento (CE) nº 2406/1996).
4O tamaño mínimo do ollomol (Pagellus bogaraveo)
será de 35 cm, coa excepción de que un máximo do 15 % do
peixe capturado pode ter 30 cm. (Regulamento (UE) nº
1225/2010).
5O tamaño mínimo do peixe espada (Xiphias
gladius) será de 125 cm ou 25 kg. (Regulamento (CE) nº
520/2007). Toleraranse as capturas accidentais de peixe
espada do Atlántico de tamaño inferior ao establecido sempre
e cando ditas capturas accidentais non superen o 15%,
expresado en número de individuos por desembarque, das
capturas totais de peixe espada do buque considerado.
(Regulamento (CE) nº 43/2009).
6O tamaño mínimo dos peixes sapos (Lophius spp)
será de 30 cm. No caso de que se presente enteiro e
eviscerado o peso unitario será de 500 gramos ou de 200
gramos, se se presenta sen cabeza. (Regulamento (CE) nº
2406/1996).
7O tamaño mínimo das raias (Raja spp) no caso de
que se presente enteira será de 40 cm ou de 500 gramos cando
só se presentan as ás. (Regulamento (CE) nº 2406/1996).
8O tamaño mínimo dos xurelos (Trachurus spp) será
de 15 cm, con excepción do 5% da cota asignada a España que
poderá ter un tamaño entre 12 e 14,99 cm. Para os efectos de
control desta cantidade, aplicarase o coeficiente 1,2 ao
peso dos desembarques. (Regulamento (UE) nº 57/2011).
- Anexo II: Xeito de medida.
- Anexo III: Bancos marisqueiros nos que se poderá aplicar
a disposición adicional única.
- Bancos marisqueiros
situados nas augas continentais.
Zonas de desembocadura no mar comprendidas entre o
límite superior das augas salobres e o límite inferior que
ven determinado polas liñas que a continuación se relacionan,
de conformidade co establecido no Decreto 130/1997, do 14 de
maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca
fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais:
- Río Eo: a ponte dos Santos.
- Río Masma: liña recta imaxinaria que une punta
Prados coa punta da escollera de Foz.
- Río Ouro: a ponte do ferrocarril Ferrol-Xixón.
- Río Landro: liña recta imaxinaria que une a punta do
muelle de Celeiro co illote A Insua.
- Rio Sor: liña recta imaxinaria que une punta do
Castro con punta do Santo.
- Río Mera e Baleo: liña recta imaxinaria que une
punta Ladrido con punta Descada ou Sartán.
- Ríos Cedeira, Esteiro e Loira: liña recta imaxinaria
que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte
Burneira.
- Ríos Xubia e Belelle: a ponte do ferrocarril
Ferrol-Pontedeume.
- Río Eume: liña recta imaxinaria que une punta
Madalena con punta Sentroña.
- Ríos Mandeo, Lambre e Baxoi: liñas rectas
imaxinarias que unen punta Bañobre con punta dos Curbeiros
de Miño, e esta última con punta Mauruxo.
- Río Mero: liña recta imaxinaria que une punta
Fiaiteira co varadoiro de Oza.
- Río Anllóns: liña recta imaxinaria que une punta
Balarés con punta Padrón.
- Río Grande: liña recta imaxinaria que une punta
Sandia con punta Roda.
- Ríos Tambre, Tines y Sóñora: liña recta imaxinaria
que une punta Requeixo con punta Testal.
- Río Ulla: liña recta imaxinaria que une punta
Seveira con punta Rebordexo e a súa continuación, bordeando
a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril.
- Río Umia: liña recta imaxinaria que une punta San
Sadurniño con punta Borrelo.
- Río Lérez: liñas rectas imaxinarias que unen punta
Campelo co extremo distal da escollera da canle do río, e
este último con punta Placeres.
- Río Verdugo: liña recta imaxinaria que une punta
Ulló con punta Muxeira.
- Bancos marisqueiros
situados nas aguas marítimas.
- Na ría de Vigo: na enseada de San Simón: zona
comprendida por dentro da liña recta imaxinaria que une
punta as marxes norte e sur da ponte de Rande.
- Na ría de Arousa: na enseada do Grove:
- Zona comprendida por dentro da liña imaxinaria que
une punta Peralto con punta Mourisca.
- Zona comprendida por dentro da liña imaxinaria que
une punta Cabreirón co Con Toxa pequena e co sur de punta
Correlo.
- Na ría de Ferrol: no banco das Pías: zona
comprendida entre a liña recta imaxinaria que une as marxes
leste e oeste da ponte do ferrocarril e a liña recta
imaxinaria que une punta das Pías coa punta do Montón.
- Anexo IV: Mapas (bancos marisqueiros situados nas augas
marítimas nos que se poderá aplicar a disposición adicional
única).