Estatísticas
Neste apartado atopará diversa información estatística de utilidade sobre pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia:
- Principais indicadores de vendas nas lonxas. Proporcionase información practicamente en tempo real sobre as primeiras vendas da pesca fresca e do marisqueo realizadas nas lonxas e establecementos autorizados. Así, a partir da información recibida polas lonxas e centros de venda, tras un proceso de validación, ponse á disposición do sector pesqueiro e público en xeral a información das ditas transaccións.
- Cotizacións nas lonxas. A través desta funcionalidade permítese a consulta das especies vendidas e as últimas cotizacións en cada unha das lonxas de Galicia.
- Publicacións. Ofrécense as diferentes publicacións que con carácter periódico realiza a Plataforma Tecnolóxica da Pesca nas que se reflicte a información estatística de diferentes actividades relacionadas co sector pesqueiro: anuarios de pesca e de acuicultura, estudos do Rexistro de Buques de Galicia, poboación ocupada no sector da pesca e da acuicultura mariña (OCUPESCA) e outras publicacións.
- Descargas. Neste apartado está dispoñible para a súa descarga a información relativa as publicacións estatísticas realizadas.