A produción de acuicultura en Galicia a colocan na cabeza de todas as comunidades autónomas españolas e como un referente a nivel europeo, fundamentalmente pola produción de mexillón, pero tamén de rodaballo e en menor medida de outras especies de peixes, moluscos e algas, con diversidade de sistemas produtivos: bateas, parques de cultivo mariño, piscifactorías, etc.

A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de Pesca de Galicia establece no seu artigo 126 que a Consellería competente en materia de pesca establecerá, no ámbito da súa competencia, entre outros, o Rexistro de establecemementos de acuicultura. No rexistro de establecemento de Acuicultura inscribiránse os establecementos que teñen título administrativo habilitante outorgado pola Consellería do Mar para a instalación, posta en funcionamento e explotación de establecemento da Acuicultura que desenvolvan a súa actividade e se localicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste apartado ofrécense os datos públicos dos establecementos adicados á acuicultura en Galicia dunha forma que permite tanto configurar os campos de filtrado como seleccionar os campos a amosar, así como a súa exportación a diferentes formatos.

Tipo Subtipo Nº de establecementos
Viveiro Batea 3.587
Viveiro Liña de cultivo 7
Piscifactoría continental 45
Parque de cultivo mariño 1.202
Granxa mariña 22
Criadeiro 27
Totais: 4.890