Mostraxes

A Circular do 22 de maio de 2012 da Secretaría Xeral do Mar ten como finalidade establecer o procedemento para a presentación das solicitudes de mostraxes/prospeccións de recursos mariños de interese pesqueiro e marisqueiro que pretendan levar a cabo os organismos ou entidades que teñen como obxectivo o coñecemento do medio ou a investigación vencellada aos recursos mariños. Así, nunha breve guía que se indica a continuación, as entidades poderán consultar os pasos a seguir para a presentación das solicitudes.

Os anexos I, anexo II e anexo III corresponden aos modelos de solicitude que deberá presentarse nas xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, na Secretaría Xeral do Mar ou na Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, segundo corresponda.

O anexo IV, corresponde co modelo de solicitude de autorización de intervención hiperbárica, no suposto de que para a realización da mostraxe sexa preciso empregar técnicas de mergullo.