Novas e comunicacións

Publicación da enquisa Ocupesca 2021 en formato Web e actualización de zona de descargas

22/05/2023

A enquisa sobre a poboación ocupada nos sectores da pesca e da acuicultura mariña en Galicia (Ocupesca) é unha operación estatística incluída no Plan galego de estatística 2022-2026. Nace cos obxectivos de coñecer a ocupación nas unidades de pesca con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, coñecer a ocupación nas unidades de acuicultura radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e avaliar a produción e as características económicas das unidades de produción da pesca extractiva e da acuicultura.

A referencia está dispoñible no seguinte enlace versión Web.

Ademais, unha vez rematado o traballo de elaboración das estatísticas oficiais no ámbito das notas de primeira venda de pesca fresca, da produción de acuicultura mariña e do censo de embarcacións do Rexistro de buques pesqueiros para o ano 2022, actualizouse a zona de descargas da Plataforma Tecnolóxica da Pesca https://www.pescadegalicia.gal/gl/descargas.

Deste xeito, a información pública de interese destes aspectos está dispoñible para a súa descarga e explotación por parte dos usuarios sectoriais para a súa análise e explotación.