Novas e comunicacións
Publicación do Anuario de acuicultura mariña 2022
21/04/2022Nesta publicación difúndense os datos da produción en cantidade e valor, para os diferentes grupos biolóxicos cultivados (algas, bivalvos e peixes). Inclúese o detalle das diferentes especies e a súa comparativa respecto do 2021, así como a evolución dos últimos anos.
A recompilación e o procesado dos datos contidos nesta publicación realízase no ámbito da Plataforma Tecnolóxica da Pesca a partir da información proporcionada polos propios establecementos de acuicultura da Comunidade Autónoma: viveiros (tipo bateas, gaiolas e liñas de cultivo), parques de cultivo e granxas mariñas. Estes establecementos de cultivo transmiten as súas estatísticas de produción mensual de acordo co formato establecido na Orde do 9 de abril de 2008, pola que se establece o sistema de transmisión dos datos mensuais de produción de acuicultura.
Como en calquera publicación destas características, faise imprescindible a realización dun traballo posterior de revisión e validación das transmisións que implica unha fluída comunicación cos establecementos autorizados para a realización da primeira venda que permite a súa consolidación definitiva. Logo de realizar este traballo procedese á publicación anual de resultados que permite ofrecer un resumo da situación da produción das diferentes especies cultivadas en Galicia.
A información ofrecida nesta publicación aparece recollida no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023.
A publicación atópase accesible nesta ligazón.