Novas e comunicacións
Rexistro de establecementos de acuicultura
25/01/2023O Portal da Plataforma Tecnolóxica da Pesca ten como obxectivo facilitar ferramentas de xestión e explotación da información sectorial. Neste senso, o Rexistro de establecementos de acuicultura era un obxectivo do proxecto para poñer a disposición do público a súa consulta é explotación.
O pasado mércores 25 de xaneiro actualizouse a versión do portal da Plataforma Tecnolóxica da Pesca para a presentación dos contidos do Rexistro de Establecementos de Acuicultura de tal xeito que se ofrece a posibilidade de acceder a información do rexistro dun xeito áxil.
Entre as novidades, a solución ofrece a posibilidade de realizar informes agregados, de tal xeito que se permite resumir a información xestionada en base a un conxunto de criterios de interese (tipo de establecemento, subtipo, municipio, especie, etc.), para unha serie de indicadores predefinidos (nº de establecementos, nº de municipios, nº de especies, etc.).
Por outra banda, podemos destacar a posibilidade de busca de establecementos en función dun número significativo de características: tipo de establecemento, subtipo, nome, código REGA, especie de cultivo, etc. A solución ademais permite o acceso a unha ficha de detalle dun establecemento onde poder consultar a información pública asociada ao mesmo.
Esperamos que este novo contido sexa de interese dos usuarios do servizo e facilite a posta a disposición do público a información relevante relativa ao Rexistro de Establecementos de Acuicultura.