Novas e comunicacións

Actualización da información dos plans de xestión marisqueira e de recursos específicos para 2023

02/01/2023 Marisqueo

O Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o trienio 2021- 2023, publicado no Diario Oficial de Galicia o 31 de decembro do 2020, establece unha serie de normas para realizar a actividade extractiva do marisqueo, como por exemplo, épocas e días máximos de extracción e zonas de traballo.

Neste enlace pódense consultar as fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de xestión marisqueira vixentes para o ano 2023, último ano de vixencia dos plans aprobados.


Recursos específicos

O Plan Xeral de Xestión dos recursos específicos para o trienio 2022-2024, publicado no Diario Oficial de Galicia o 31 de decembro do 2021, establece unha serie de normas para realizar a actividade extractiva deste tipo de recursos, como por exemplo, épocas e días máximos de extracción e zonas de traballo.

Neste enlace pódense consultar as fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de xestión de recursos específicos vixentes para 2023.