Novas e comunicacións

Guía para a realización de plans de vixilancia ambiental integrados de cultivos mariños

22/02/2022

O obxectivo desta guía é propoñer recomendacións para que xestores e produtores desenvolvan unha acuicultura sustentable e responsable co medio ambiente, minimizando as posibles perturbacións ou efectos secundarios sobre o ecosistema receptor. Para iso, subministraranse criterios que poidan ser utilizados de maneira obxectiva á hora de avaliar a adecuación do sitio dun cultivo actual ou futuro.

A guía recolle desde unha perspectiva xeral, os efectos potenciais desta actividade, pero facendo especial fincapé no tipo de hábitats que se atopan nas nosas costas. Indícase como levar adiante un PVA desde o como, onde e cando deben ser tomadas as mostras do medio e dos organismos, que parámetros é necesario determinar e como interpretar os resultados obtidos.

A súa consulta podese atopar no apartado de Outras publicacións deste portal