Permisos de marisqueo a pé 2022



Permisos de marisqueo a pé


O marisqueo é a actividade extractiva, desenvolvida a pé ou dende embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.

O Plan xeral de explotación marisqueira, que integra os plans de explotación aprobados ás entidades asociativas do sector, autoriza no marco destes plans o número de mariscadoras/es que participarán na actividade marisqueira incluíndo tanto os permisos en vigor como os novos permisos que se incorporarán á explotación.

Nos últimos anos vense aplicando un esforzo importante na incorporación de profesionais ao sector do marisqueo a pé, impulso que é preciso salientar.

Nesta mesma liña, e ao igual que para anos anteriores, semella interesante manter como dato relevante o número de novos permisos previstos para cada ano, de conformidade cos plans de explotación aprobados anualmente, o que dá unha imaxe máis certera da evolución das incorporacións ao sector do marisqueo a pé.

Para chegar a obter os datos finais neste período estableceuse un procedemento de revisión de todos os rexistros recollidos no sistema de xestión de procedementos administrativos da administración autonómica.

O proceso seguido para a identificación e validación dos permisos de explotación correspondentes a cada unha das anualidades consideradas seguiu os seguintes pasos:

Estes resultados que agora se publican recollen todas as situacións efectivas xestionadas ao longo dos derradeiros 5 anos. Á marxe de que existen publicacións, tanto divulgativas como de interese científico que aportan cifras con diferenzas substanciais con respecto ás que agora se dan como finais; desde a Consellería do Mar, e como resultado do traballo metodolóxico e minucioso levado a cabo, damos coma válidas e definitivas as cifras que neste documento se publican.

Ano a ano actualizaranse os datos de evolución dos permisos en vigor, coas visións de detalle que agora se ofrecen.

Este traballo realizouse baixo a coordinación do Servizo de Análise e de Rexistros, coa colaboración do Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros e as xefaturas territoriais da Consellería do Mar.