Plans de xestión
Ano de publicación:

O día 09/12/2019 tivo lugar a publicación do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas.

Unha das principais novidades da norma é o establecemento de plans de xestión de marisqueo de vixencia trianual, nos que xunto á planificación da explotación dos recursos, teranse en conta aspectos de carácter medioambiental e socioeconómico.

Por outra banda, de acordo coa disposición transitoria primeira transitoria e a disposición transitoria segunda do Decreto, todos os plans de xestión de marisqueo aprobados para o 2019 ven prorrogada a súa vixencia nas mesmas condicións de aprobación:

No caso dos plans de marisqueo de recursos xerais, tanto en zonas de autorización como en zonas de libre marisqueo mediante plan específico, a vixencia prorrógase ata o 31/12/2020, data trala cal terá inicio o primeiro período de plans trianuais para os recursos marisqueiros xerais (2021-2023).

No caso dos plans de recursos específicos, a súa vixencia prorrógase ata o 31/12/2021, data trala cal terá inicio o primeiro período de plans trianuais para os recursos específicos (2022-2024).

Igualmente, as normas de extracción en zonas de libre marisqueo non sometidas a plan e os períodos autorizados para a extracción de crustáceos establecidos no Plan Xeral de explotación marisqueira para o ano 2019 prorróganse nas mesmas condicións ata o 31/12/2020.

No Decreto regúlase a figura dos plans de xestión de nova incorporación, que as entidades poderán presentar para un período inferior a tres anos para recursos, ámbitos zonais ou útiles, equipos e técnicas de marisqueo regulamentarios, diferentes aos plans de xestión trianuais aprobados para un período, e que se poderán autorizar para determinar a viabilidade da explotación antes da súa aprobación como plan de xestión trianual. Deste xeito xunto ás fichas dos plans de 2019 prorrogados, poderanse incluír fichas de plans de nova incorporación de recursos xerais con vixencia en 2020 e de recursos específicos con vixencia en 2020 e 2021.


Fichas correspondentes aos plans de explotación publicados no D.O.G. no nº 248 do 31 de decembro do 2018 e actualmente prorrogados ata 31/12/2020.
Plans de explotación en autorizacións marisqueiras
Plans específicos de explotación para as zonas de libre marisqueo
Zonas de libre marisqueo para o ano 2020
» Cotas máximas de captura para zonas de libre marisqueo na Ría de Arousa non sometidas a plan de explotación
» Cotas máximas de captura para libre marisqueo no resto de zonas
Crustáceos (Períodos autorizados para o ano 2020)
Fichas correspondentes aos plans de xestión publicados no D.O.G. no nº 246 do 27 de decembro do 2018 e actualmente prorrogados ata 31/12/2021.
Percebe (Pollicipes pollicipes)
Solénidos (navalla/ longueirón/ longueirón vello)
Equinodermos
Peneira
» Provincia de A Coruña
» Provincia de Pontevedra
Algas
Anemones
Poliquetos