Nesta páxina poderemos atopar as fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados. Os plans de explotación presentados polas entidades que serviron de base para a aprobación do Plan xeral de Explotación Marisqueira anual estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, así como na sede das entidades responsables destes, sen prexuízo do cumprimento da Lei 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.
Asemade, tamén se publican as zonas reservadas para a captura de poliquetos por parte dos pescadores de lecer nos plans de explotación para o ano 2017.