Rexistro de Buques Pesqueiros 2012



ANEXO IV: Buques auxiliares de pesca y acuicultura


Tal e como se indicaba no apartado “Introdución”, aló polo mes de marzo, cando se procedeu a publicar na Plataforma Tecnolóxica da Pesca (www.pescadegalicia.com) o anuario do Rexistro de Buques de Galicia 2012, ademáis de ofrecer a información das embarcacións dedicadas a labores de pesca extractiva e de marisqueo da lista terceira do Rexistro de Matrícula de Buques como viña sendo habitual, prantexámonos o obxectivo, por vez primeira, de ofrecer unha axeitada visión da dimensión das embarcacións auxiliares de pesca e de acuicultura pertencentes á lista cuarta que se atopasen de alta no Rexistro de Buques de Galicia.

Indicábase tamén, que en aras de non retrasar a saída da publicación, a incorporación deste capítulo deixabase para unha segunda fase. Así, tra-los traballos realizados durante estes meses, consistentes na análise e actualización da información existente e, no seu caso, os correspondentes requerimentos de documentación, consideramos cumprido o obxectivo prantexado, pasando a incorporar este anexo na presente publicación.

Nesta primeira edición, a frota pesqueira galega constituída polas embarcacións auxiliares de pesca e de acuicultura que ten como base un porto da nosa comunidade autónoma, preséntase na imaxe que ofrece o Rexistro de Buques de Galicia a 31 de agosto do 2013. Os datos ofrécense por distribución xeográfica e por tramos de eslora, arqueo e potencia.

A importancia desta frota pódese observar no total de buques auxiliares existente, 1.267 embarcacións que representan o 21,59 % da frota galega inscrita no Rexistro de Buques de Galicia.

De este conxunto de embarcacións auxiliares, pódese afirmar que en torno ao 88 % dirixen a súa actividade a labores de acuicultura: aproximadamente un 82% (1.044 buques) serven de apoio para exercer as diferentes labores de cultivo ás 3.537 bateas existentes en Galicia; e un 6% (71 embarcacións) son empregadas polos concesionarios de parques de cultivo como auxiliares da súa actividade. Finalmente, o restante 12 % (152 embarcacións) son utilizadas como auxiliares de pesca, esencialmente nos portos de Ferrol e Barallobre para o exercicio do marisqueo a pé.

En termos xerais, a frota distribúese xeográficamente entre as provincias de A Coruña e Pontevedra, principalmente nesta última que presenta un 57,70 % deste tipo de embarcacións, debido á maior concentración de bateas existente nesta provincia, coa banda sur da ría de Arousa e rías de Pontevedra e Vigo como expoñentes. O restante 42,30 % constitúeno os barcos auxiliares de bateas con porto base nos diferentes portos da parte norte da ría de Arousa e da ría de Muros-Noia, sen esquencer o importante peso da flota auxiliar de marisqueo da ría de Ferrol.

Deste xeito na distribución por portos-base observamos como a flota auxiliar se concentra principalmente nos portos de O Grove, A Illa de Arousa, Rianxo e Cabo de Cruz-Boiro, seguíndolle en importancia a flota auxiliar de pesca de Ferrol.

Por último, en canto ás características técnicas deste tipo de frota, é de resaltar que case a metade (46,09 %) sitúase nun rango de eslora entre 12 e 18 m, predominando as embarcacións con arqueos situados entre os 25 e os 100 GT (35,44%) e motores con potencia superior a 150 CV (41,91 %).

Nas seguintes páxinas poderá consultar o detalle da información referente aos buques auxiliares de pesca e acuicultura.